Escoitar

O Concello avanza nos preparativos da Cabalgata de Reis Magos co tema “bosque, natureza e maxia”

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá a contratación do deseño e produción da Cabalgata dos Reis Magos e da megafonía das rúas. Contarán cun investimento total de 392.000 euros.

xoves, 10 set 2026

O alcalde avanzou este xoves a aprobación do expediente de contratación do servizo de deseño e produción das carrozas municipais para a Cabalgata de Reis Magos por 113.000 euros. Este Nadal centraranse na temática “Bosque, natureza e maxia”.

A Xunta de Goberno tamén dará luz verde mañá á contratación da produción técnica e os servizos auxiliares de soporte dos actos da chegada dos Reis Magos por 120.817 euros. O alcalde sinalou que este ano tamén haberá dúas cabalgatas, móbil e estática.

Entre os acordos adoptados atópase tamén a contratación do alugueiro, instalación, e mantemento da megafonía do Nadal, por 158.200 euros, nos períodos 2026-2027 e de 2027-2028.

Descargar todas as imaxes