Escoitar

Vigo contrata as carrozas da Cabalgata de Reis de 2027

Na vindeira Xunta de Goberno Local aprobarase a contratación do servizo de deseño e produción das carrozas, adxudicado á empresa La Fiesta Escénica, que saíu a licitación por un importe de 113.000 euros. Do mesmo xeito que en outras edicións, celebraranse dúas modalidades de cabalgata, unha estática e outra dinámica, baixo a temática “Bosque, natureza e maxia”. Sobre este concepto versarán as cinco carrozas municipais que conformarán a cabalgata, repartidas entre os tres Reis Magos, a carteira ou carteiro real e un acompañamento da comitiva.

xoves, 26 nov 2026
Descargar todas as imaxes