O alcalde chama á ministra e ao conselleiro de Sanidade a traballar na recuperación de Vigo para sede do MIR
O alcalde instou hoxe á ministra e ao conselleiro de Sanidade a “poñerse a traballar inmediatamente” para que Vigo recupere en 2027 o seu status como sede do exame MIR, despois de que o Senado aprobara este mércores a moción defendida pola senadora socialista Carmela Silva para que a cidade acolla de novo, e permanentemente, estas probas.
Abel Caballero, tras lembrar a inacción da Xunta na decisión do ministerio de Sanidade de eliminar a Vigo da a lista de cidades sede dos exames MIR, recoñeceu á primeira tenente de alcalde o seu traballo no Senado polas numerosas intervencións demandar distintos temas de interese para a cidade.
Carmela Silva remarcou hoxe que o Grupo Socialista foi o único que presentou na comisión de sanidade do Senado unha moción para demandar a reincorporación de Vigo á lista de cidades sedes das probas MIR a pesar dos anuncios realizados polos senadores do PP da súa intención mocións nas dúas cámaras parlamentarias. “Isto demostra ás claras que o PP non teñen ningún interese en que o MIR volva ter sede en Vigo”.
A concelleira e senadora explicou que o Grupo Socialista conseguiu, cunha transaccional, que todos os grupos con excepción de Vox aprobasen a proposta que inclúe a Ciudad Real e a Xirona.
Silva apunta que a defensa da emenda transaccional por parte do Grupo Popular foi liderada por un senador de Calatayud, e non polos parlamentarios galegos, á vez que destaca a ausencia de pronunciamento do PP de Galicia a favor do MIR en Vigo.
A edil indica que non ten “ningunha dúbida" de que o Goberno vai atender á reclamacións reiteradas do alcalde de Vigo e do Senado.