O orzamento de Urbanismo aumenta en 4,7 millóns para reforzar políticas de vivenda
O Goberno local suma 4,7 millóns ás contas do departamento municipal de Urbanismo para incrementar accións en materia de vivenda. O fomento do alugueiro e a construción de vivendas a prezo taxado acaparan a maior parte desta ampliación orzamentaria.
Á ampliación do orzamento municipal de case 11 millóns aprobados a semana pasada, súmase agora outra ampliación das contas anuais da Xerencia de Urbanismo. Concretamente, a semana que vén aprobarase una modificación de 4,7 millóns dos que 1.088.448€ están destinados a expropiacións para poder desenvolver diferentes ámbitos públicos seguindo as directrices do Plan Xeral.
Dous millóns de euros serán para a adecuación de vivendas baleiras que se incorporen ao mercado de de alugueiro a prezos taxados. No orzamento de 2026 xa figuraban 150.000 euros nesta partida polo que a cifra total para a rehabilitación de vivendas para alugueiro elévase a 2.150.000 euros. O Goberno local incorpora ás contas de Urbanismo un millón máis para a construción dun edificio en Esturáns, unha cantidade que se suma aos 1,8 millóns xa aprobados para construír 27 vivendas sometidas a protección.
A rehabilitación do edificio situado en Ramón Nieto 58 (antiga cooperativa de agricultores de Lavadores) estará dotada de 496.765€, mentres que tamén está previsto adicar 157.137 euros á acondicionar a Oficina Municipal de Rehabilitación, situada na Praza da Princesa.