mércores, 14 xul 2010
O alcalde avanzou que neste momento se estudia a posibilidade de abrir novas liñas de colaboración coa Fundación Galega do Metal para a Formación, a cualficación e o emprego, a través da realización no centro de Cabral dalgunhas actividades da concellería de Emprego
mércores, 14 xul 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, participou hoxe en Santiago na presentación do proxecto que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsará en colaboración coa ONU para o desenvolvemento da provincia mozambicana de Maputo cun investimento de 62.342 euros. O Concello de Vigo cofinancia con 15.000 euros o proxecto que se levará a cabo en parcería co PNUD a través da iniciativa ART de artellamento de redes territoriais.
mércores, 14 xul 2010
Abel Caballero inaugurou este mércores a remodelación do campo de fútbol do Victoria no que o Concello investiu máis de 60.000 euros. A cancha conta agora con céspede artificial, valo perimetral novo, bancadas renovadas e poorterías novas que servirán para que os mozos da zona poidan usas as instalacións sen risco de lesións
mércores, 14 xul 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo este mércores un chamamento aos vigueses e viguesas para presenciar o vindeiro 17 de xullo a saída do XII Rallye Rías Baixas de Clásicos, que terá lugar na Praza do Rei ás 10.30 horas. A proba, puntuable para a Clásica Galega 2010, conta xa con 52 equipos inscritos e o vehículo máis antigo é de 1953.
mércores, 14 xul 2010
Abel Caballero inaugurará hoxe as 20:30 horas a humanización desta zona na que se actuou sobre unha superficie de 2.120 m2. O entorno de Santa Mariña conta agora cun aspecto renovado con novos puntos de luz, novo mobiliario urbano e nova rede de saneamento.<br />
mércores, 14 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez mantivo hoxe unha xuntanza con integrantes da nova directiva da Federación de Asociación de Veciños "Eduardo Chao". "Quedamos emprazados á colaboración máxima e total para axudar a acadar que os fins dos veciños e veciñas se cumpran", manifestou o nacionalista ao remate da reunión.
mércores, 14 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron este mércores o programa de verán que ten o dobre obxectivo fomentar a normalización do galego e ofrecer un amplo abano de actividades de lecer para os nenos e nenas. Os nacionalistas destacaron que en total son máis de 50 propostas que se desenvolverán do 19 de xullo ao 26 de agosto en diferentes espazos ao aire libre da cidade.
mércores, 14 xul 2010
Abel Caballero e o cónsul de Chile, D. Rafael Llano de la Concha mantiveron esta mañá un encontro no que fixeron un repaso aos temas de actualidade que afectan á cidade de Vigo. Ésta foi a primeira visita protocolaria do cónsul ao Concello vigués.