Concello e sindicatos asinan o convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais das obras do FESSL e as de fondos municipais
O alcalde de Vigo e os sindicatos comarcais de UGT, CC.OO e CIG rubricaron este martes o acordo polo que as centrais sindicais recibirán un importe de 30.000 euros cada unha para vixiar as condicións laborais dos traballadores, o cumplimento dos horarios e a prevención de riscos nas obras da segunda fase do Plan Zapatero e dos traballos con cargo a fondos municipais.
O obxecto do convenio asinado hoxe é artellar a colaboración entre o Concello de Vigo e os sindicatos para implantar un sistema de seguemento do cumprimento das obrigas en materia de prevención de riscos laborais e dos convenios colectivos de aplicación para as obras contratadas polo Concello de Vigo, tanto as realizadas con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local como as que se executen con cargo a fondos municipais, ao longo deste ano 2010.
O Fondo Estatal de Inversións é unha medida contra a crise adoitada polo Goberno Central, que dota aos concellos dunha inversión extraordinaria de 5.000 millóns de euros co fin de reactivar a economía e o emprego. O Concello de Vigo ten destinados 32 millóns de euros cos que se espera dar traballo a unhas 2.300 persoas neste ano 2010 por medio das obras resultantes das adxudicacións nas que se desenvolverán humanizacións de rúas, traballos de subministro de granito ou xardinería, eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios municipais e outras obras de mellora de viais, rúas e beirarrúas.
Segundo recolle o convenio a realización simultánea de tantas obras na cidade supón un desafío e un probable incremento dos riscos laborais dos traballadores e traballadoras implicadas tal e como se constatou na experiencia previa no control e inspección das obras realizadas durante o ano 2009, tendo en conta ademais da magnitude do traballo os prazos, xa que as obras teñen que estar rematadas antes de que finalice este ano 2010.
Por este motivo, o Concello de Vigo quere continuar co esforzo realizado o pasado ano e márcarse como obxectivo primordial a protección da seguridade e saúde dos traballadores que participarán nestas obras. O Concello de Vigo, como garante do cumprimento das normativas de prevención de riscos laborais, esixirá o estrito cumprimento da normativa e manterá permanentemente un control e inspección dos traballos para combater os riscos.
Descargar todas as imaxes