Escoitar

Abel Caballero inaugura o curso de Forética sobre a Responsabilidade Social Empresarial

O curso celébrase en Vigo dende este luns e ata o venres coa colaboración da Universidade de Vigo e Caixanova. O alcalde de Vigo salientou que nesta cidade se aprecia as empresas que queiran facer mecenazgo e cultura e que conleven unha cidade máis habitable. Preto duns 40 especialistas farán unha revisión estratéxica das liñas futuras de desenvolvemento dunha nova forma de xestión.

luns, 12 xul 2010
1278951309foretica.JPG
O alcalde de Vigo inaugurou esta mañán no Centro Social Caixanova o curso de verán de Forética 2010 nomeado "RSE: Tendencias e retos para a empresa sostible do 2020". O rexedor salientou no seu discurso de inauguración que valores como o Medioambiente constitúen o primeiro elemento na responsabilidade social das empresas.

"A responsabilidade social é unha forma de entender as relacións laborais", indicou para engadir que en Vigo "apreciamos as empresas que queren facer mecenazgo, cultura...que fagan a cidade máis habitable".

Xunto ao alcalde de Vigo atopábanse o vicerreitor de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas, o director xeral de Caixanova, José Luis Pego e o presidente de Forética, Juan Pedro Galiano. Éste último destacou a responsabilidade social é a forma de acadar a redabilidade e que, de feito, está ao servizo da "rendabilidade e da competitividade das empresas".

Pola súa banda José Luis Pego explicou ante os participantes do curso, preto de 60 alunos, que a Reponsabilidade Social Corporativa é "inherente á capacidade de supervivencia das empresas". No caso concreto de Caixanova asegurou que a vocación de ser "socialmente responsables" nas súas actividades "está impreso no noso ADN".

Forética realizará, durante cinco días e coa participación de 40 expertos na materia, unha revisión estratéxica das liñas futuras de desenvolvemento dunha nova forma de xestión. Forética é unha asociación sen ánimo de lucro adicada a fomentar a cultura da xestión ética e socialmente responsable nas organizacións e conta na actualidade con máis de 250 socios entre empresas, profesioanis e entidades do terceiro sector.
Descargar todas as imaxes