Escoitar

Dobre sentido de circulacion en Camilo Veiga

Ponse en coñecemento do público as seguintes restriccións de tráfico:

venres, 9 xul 2010
Por mor das obras de humanización e as festas de Bouzas, estará pechado ao tráfico a rúa Paulino Freire, o sábado 10 de xullo de 2010. Manterase con dobre sentido de circulación a rúa Camilo Veiga Prego dende o sábado 10 ate o martes 20 de xullo, ambos inclusive.
Por mor das obras de humanización establecerase sentido único de circulación ao tráfico a rúa Manuel Lago lago, treito entre Crta Camposancos e crta de Fragoselo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 12 de xullo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado tres meses.