martes, 6 xul 2010
O Concello investiu 230.000 euros e esta actuación pecha as humanizacións no barrio do Calvario e no seu entorno. O alcalde salienta a alta calidade das obras levadas a cabo en toda a cidade e afirma que se pon de relieve que "todos os ámbitos de Vigo son iaguais"
martes, 6 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, definiu as Festas de Verán 2010 que presentou hoxe xunto ao concelleiro de Cultura, Xesus López, como unha programación de "calidade, variada e diversificada" . O nacionalista asegurou que do 14 de xullo, co concerto de Norah Jones, ao 14 de agosto co peche que porá Mika, "Vigo pode presumir de ter as mellores festas de verán de Galiza". Salientou tamén que pese a redución do orzamento "conseguimos manter o nivel".
martes, 6 xul 2010
Os traballos teñen unha inversión de 700.000 euros e suporán, xunto coas actuacións previstas na rúa Areal, a solución ao saneamiento da parte baixa da cidade. A concelleira socialista lembra que se están aproveitando as obras do aparcamento de Policarpo Sanz para cambiar todas as tuberías de saneamento
martes, 6 xul 2010
Abel Caballero explicou que os cartos son para a contratación dun intérprete para que as persoas con dificultades e que se expresan mediante a linguaxe de signos poidan mellorar a súa calidade de vida. O alcalde lembrou as medidas de accesibilidade levadas a cabo polo Concello vigués e o recoñecemento por esta labor co premio Cocemfe
martes, 6 xul 2010
A I ruta marítima xacobea "O Cabaleiro das Cunchas" está organizada polo Liceo Marítimo de Bouzas en colaboración co Concello de Vigo e hoxe partiu cara a Combarro. A seguinte etapa será Vilagarcía de Arousa e o 8 de xullo completaráse noutro medio de trasporte a peregrinación a Santiago de Compostela