Escoitar

Vigo participou nos actos protocolarios da ruta marítima xacobea celebrados en Viana do Castelo

A I ruta marítima xacobea "O Cabaleiro das Cunchas" está organizada polo Liceo Marítimo de Bouzas en colaboración co Concello de Vigo e hoxe ten prevista a súa chegada á illa de San Simón para partir logo cara a Combarro. Este novedoso camiño nace coa vocación de convertirse en tradición xacobea.

luns, 5 xul 2010
1278336037ruta5.JPG
O concelleiro socialista Javier Mariño participou esta fin de semana nos actos protocolarios da I ruta marítima xacobea "O Cabaleiro das Cunchas", celebrados o pasado sábado 3 de xullo no porto de Viana do Castelo, onde se concentraron as 15 embarcacións procedentes de Vigo máis os 25 barcos portugueses.

Todos eles partiron o domingo cara a Bouzas para zarpar hoxe ata a illa de San Simón. A parte viguesa desta nova ruta xacobea comenzou as 10 da mañán por mar e as 08:30 por terra, con peregrinos que partiron a Cesantes camiñando para concentrarse alí sobre as 17:00 horas.

As seguintes etapas do "Cabaleiro das Cunchas" serán Combarro e Vilagarcía de Arousa, a ónde chegarán o 7 de xullo. O 8 de xullo completaráse noutro medio de transporte a peregrinación ata Santiago de Compostela.

Deste xeito se da luz verde a un novo camiño, novidoso e que nace con vocación de convertirse en tradición xacobea e nun dos emblemas de Galicia. De feito, esta nova opción no ano Xacobeo supón a recuperación do primeiro camiño de Santiago, o que completou o Apóstolo, segundo reza a lenda, á súa chegada a Compstela.
Descargar todas as imaxes