mércores, 7 xul 2010
O alcalde informou hoxe que se están estudiando todas as posibilidades de frecuencias, prezos, etc, e que a súa implantación será provisonal en espera da acollida que teña entre a cidadanía. As lanzadeiras de Vitrasa sairán da Praza das Travesas ata Samil e o seu obxectivo será descargar o volume de tráfico da zona de praias
mércores, 7 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores o Red Bull Autos Locos, que se disputará polo centro de Vigo o vindeiro 19 de setembro. Serán seleccionados un total de 80 participantes entre as máis de 500 solicitudes xa presentadas ata o momento. O nacionalista salientou que a fama de que Vigo "sabe organizar" pesou á hora de elixila como cidade na que terá lugar o evento, que será a segunda vez que se celebre no Estado español.
mércores, 7 xul 2010
A praia da Argazada foi o areal elixido este ano para proceder ao izado oficial das bandeiras azuis. Abel Caballero destacou que é a primeira vez que Vigo acada 8 bandeiras azuis e avanzou que hai intención de acadar unha novena o ano que ven. Tamén adiantou que en 15 días realizarase un recheo de area de primeira calidade na praia da Punta
mércores, 7 xul 2010
Os obradoiros medioambientais do programa Camiño a Camiño ou Noite de Estrelas así coma o servizo de socorrismo chamaron a atención da representación española de Adeac así como da representación grega que ao igual que Adeac, tamén leva adiante os programas Fee: Bandera Azul, Ecoescuelas, la Llave Verde ou Bosques en la Escuela.
mércores, 7 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este mércores a renovación do convenio de colaboración co Secretariado Xitano, que este ano ascende a 110.000 euros. Os nacionalistas destacaron que esta iniciativa significa a "aposta clara pola igualdade de oportunidades para todos e todas na nosa cidade", e que permitirá desenvolver actuacións para erradicar o chabolismo e nos eidos da educación, a sanidade e a participación cidadá.
mércores, 7 xul 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este mércores o XXXI Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo, que terá lugar nas pistas de Balaídos o vindeiro sábado 10 de xullo a partir das 19 horas. O nacionalista animou aos vigueses e viguesas a achegarse a Balaídos e asegurou que será un "espectáculo deportivo que merece a pena contemplar".
mércores, 7 xul 2010
O parque de Castrelos será hoxe escenario do choque que disputarán as seleccións española e alemana da semifinal do Mundial. Perante o rotundo éxito da pantalla xigante instalada polo Concello na Praza da Constitución e ante a previsión dunha afluencia masiva de persoas desta volta os siareiros disfrutarán do encontro en Castrelos. Na imaxe un momento da instalación da pantalla en Castrelos.
mércores, 7 xul 2010
A actividade escultórica realizada en directo no parque de Castrelos do 21 de xuño ao 4 de xullo será o eixo central da charla debate que mañá se celebrará no auditorio do museo Marco ás 20.30 horas. Segundo avanza o concelleiro de Patrimonio Histórico, nesta proposta participarán os cinco artistas que levaron a cabo a iniciativa "Artistas na rúa, 3+2", enmarcada no proxecto artístico "Cidade de soños".