Unha representación de Adeac visitou as Illas Cíes e destacou o alto nivel dos programas medioambientais do Concello de Vigo
Os obradoiros medioambientais do programa Camiño a Camiño ou Noite de Estrelas así coma o servizo de socorrismo chamaron a atención da representación española de Adeac así como da representación grega que ao igual que Adeac, tamén leva adiante os programas Fee: Bandera Azul, Ecoescuelas, la Llave Verde ou Bosques en la Escuela.
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, acompañou o pasado sábado ás illas Cíes a unha representación de ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), entre a que se atopaba o vicepresidente desta entidade, José Palacios e un membro do xurado nacional de bandeiras azuis, Cecilio Castro.
Os membros de Adeac destacaron o alto nivel dos programas medioambientais desenvolvidos pola concellería que dirixe Chus Lago como o Camiño a Camiño, cos seus obradoiros medioambientais, Vigo Diversidade ou Noite de Estrelas. No transcurso da visita tamén se falou do prestixio acadado polo servizo de socorrismo do Concello vigués.
A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) é unha entidade sen ánimo de lucro que leva adiante os programas de Fee (Bandera Azul, Ecoescuelas, la Llave verde, Bosques en la escuela) en España. Precisamente na visita da pasada fin de semana tamén estivo presente unha representación grega que desenvolve os programas Fee naquel país. Os gregos que asistiron á visita foron Maria Theodorakis, Josephs Theodorakis, Dionicia y Vasilis Papadopoulos.
Toda a información recollida nestas visitas é transmitida posteriormente a nivel europeo e moitas das propostas que se consideran innovadoras son extrapoladas a outras cidades europeas
Descargar todas as imaxes