Escoitar

O auditorio do Marco acolle mañá un debate sobre a proposta de creación escultórica "Artistas na rúa 3+2"

A actividade escultórica realizada en directo no parque de Castrelos do 21 de xuño ao 4 de xullo será o eixo central da charla debate que mañá se celebrará no auditorio do museo Marco ás 20.30 horas. Segundo avanza o concelleiro de Patrimonio Histórico, nesta proposta participarán os cinco artistas que levaron a cabo a iniciativa "Artistas na rúa, 3+2", enmarcada no proxecto artístico "Cidade de soños".

mércores, 7 xul 2010
Artistas na rúa, 3+2" impulsou a creación de cinco obras escultóricas en Castrelos, de xeito que toda a cidadanía que se achegou ao parque tivo a oportunidade de contemplar o proceso de creación artístico. Os artistas participantes, Elena Gómez Dahlgren, Rute Rosas, Alvaro de la Vega, Paulo Neves e Manolo Ferreiro Badía analizarán mañá esta iniciativa e as obras creadas co diálogo entre escultura e a natureza como fondo.

Álvaro de la Vega elaborou unha obra titulada "Camiño ó bosque", con pedra e conglomerado asfáltico; Elena Gómez fixo con formigón e morteiro unha obra en tres pezas titulada "Construcción"; Manuel Ferreiro creou con granito rosa Porriño e diorita a obra "Libertad"; Paulo Neves empregou mármore portugués para realizar a obra "Anxo"; e Rute Rosas realizou unha obra de xardinería chamada "Camiñando", empregando terra, céspede e pletina de ferro.