Escoitar

O alcalde oferta o edificio do CITIC no Casco Vello para a aula da UNED na cidade

Abel Caballero reuniráse esta tarde co Rector da Universidade Nacional de Educación a Distancia para trasladarlle a proposta e confía en que teña boa acollida. O rexedor considera imprescindible que a aula se ubique en Vigo ante a gran demanda e asegura que o Concello custeará a presencia directa dos profesores en Vigo

martes, 6 xul 2010
O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, proporalle esta tarde ao rector da UNED, Juan Antonio Gimeno, o edificio do CITIC para a aula da Universidade Nacional de Educación á Distancia. O rexedor trasladaralle esta proposta durante unha entrevista que terá lugar hoxe en Madrid e na que Caballero destacará a importancia deste servizo na cidade viguesa.

Na actualidade unhas 3.000 persoas de Vigo cursan os seus estudios na UNED e para elo teñen que desprazarse ata Pontevedra polo que o alcalde adiantou que "chegou o momento de poñer fin a esto".

O socialista destacou que o edificio, situado no Casco vello vigués, está xa listo, acondicionado e conta con todos os informes técnicos. Ademáis lembrou que "adáptase ben" aos usos propostos polo que poderá acoller tantos as clases presenciais coma as virtuais. Caballero asegurou que, perante a falla de proposta da Deputación de Pontevedra para financiar esta aula en Vigo será o Concello o que "subvencione e custee a presencia dos profesores na cidade olívica".

O madatario vigués confiou en que o plantexamento será ben recibido e avanzou que a idea en poñela en marcha "o antes posible".