Isaura Abelairas destaca a gran obra de saneamento que se está a realizar en Colón
Os traballos teñen unha inversión de 700.000 euros e suporán, xunto coas actuacións previstas na rúa Areal, a solución ao saneamiento da parte baixa da cidade. A concelleira socialista lembra que se están aproveitando as obras do aparcamento de Policarpo Sanz para cambiar todas as tuberías de saneamento
A concelleira de Vías e Obras, a socialista Isaura Abelairas, destacou hoxe martes a grande obra de saneamento que se está a realizar nos tres cruces de Policarpo Sanz- García Barbón (Velázquez Moreno, Colón e Isabel II) e que supoñen un investimento de 700.000 euros.
Segundo explicou a concelleira se están aproveitando os traballos do aparcamento de Policarpo Sanz para cambiar todas as tuberías de saneamento nunha zona na que está a maior conca de recollida de augas de toda a cidade. A instalación das novas tuberías "permitirá recoller todas esas augas", indicou Abelairas, ademáis de incidir en que "se están investindo moitos cartos para que non haxa inundacións". Os traballos recollen unha conca hidráulica de 64 hectáreas e solucionan, xunto coa posterior actuación no Areal, o saneamiento da parte baixa da cidade.
A concelleira socialista tamén destacou que este actuación tiña que estar xa feita polo goberno anterior e que agora "correspóndelle ao Porto de Vigo facer o traballo que lle corresponde"