Escoitar

O Alcalde salienta que o novo sistema semafórico para invidentes funcionará un mes de xeito experimental

Abel Caballero asistiu á posta en funcionamento dos novos semáforos acústicos que permitirán as persoas invidentes ter máis información e facilidades á hora de cruzar unha rúa. Hoxe luns entraron en funcionamento en sete rúas da cidade e de ter boa acollida iránse incorporándo paulatinamente as calles do centro da cidade. O alcalde insistiu en que esta actuación ten custe 0 para os cidadáns porque a renovación é asumida pola empresa concesionaria.

luns, 5 xul 2010
1278336316semaforo.JPG
Abel Caballero explicou que xa entraron en funcionamento os das rúas Gran Vía-Braille, Gran Vía- Venezuela, Gran Vía-Ecuador, Gran Vía-María Berdiales, Porta do Sol, República-Arxentina-Urzaiz e Praza de América-Castrelos. Os sete funcionarán de xeito experimental durante un mes e de ser ben recibidos procederíase a extendelo ao resto de rúas do centro da cidade. Os novos semáforos acústicos, especiais para cegos, incorporan unha onda sónica a través da cal unha locución ubica a rúa na que se está. A mensaxe é en galego e castelán e, tanto ao inicio coma o final da mesma, hai un "pitido".

Segundo explicou o rexedor o novo sistema, desenvolvido polo Concello en colaboración coa ONCE, "é conveniente para indixentes" e ten tamén "un efecto orientador para turistas e persoas que descoñezan a cidade". Neste primeiro mes valorarase o recibimento e as posibles aportacións e suxerencias que poidar facer a ONCE. Caballero tamén destacou que o custe desta renovación semafórica será 0 para os cidadáns vigueses porque é asumida pola empresa concesionaria.

Pola súa banda o responsable da ONCE, Arturo Parrado, subliñou a importancia do proxecto porque significa mellorar a sonorización da rede semafórica da cidade e proporcionará máis seguridade aos invidentes á hora de cruzar "sobre todo nas rúas con maior dificultade e perogosidade", dixo.

Parrado felicitou ao Concello pola labor de sensibilización que se está levando adiante que contribúe, segundo apuntou no incremento da calidade de vida e da autonomía para persoas discapacitadas. Tamén quixo lembrar o premio Cocemfe que ven de recibir o Concello e que amosan que "se están facendo cousas e que a accesibilidade é unha das apostas do Concello".

A este respecto o rexedor socialista lembrou que nos últimos dous anos e medio en Vigo "hai case 80 quilómetros de rúas accesibles, unha gran parte con cota 0 ou con zonas rebaixadas para a accesibilidade".
Descargar todas as imaxes