O alcalde recibe o respaldo unánime do Consello Escolar de Vigo para o proxecto municipal do colexio Altamar
Abel Caballero transmitiulle hoxe venres á Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de alunos (FOANPAS) que o goberno municipal xa fixo unha proposta oficial á Xunta na que se plantexa a reconstrucción do centro escolar na súa ubicación aproveitando todo o espazo dispoñible e duplicando a capacidade actual. O rexedor subliñou que a proposta é técnicamente posible e educativamente axeitada.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu onte o respaldo unánime do Consello Escolar Municipal ao proxecto plantexado polo goberno municipal á Xunta de Galicia para o colexio Altamar. O rexedor reuníuse hoxe venres coas Foanpas e trasmitiulles a proposta oficial remitida á Xunta na que se recolle a reconstrucción do centro escolar na ubicación actual pero duplicando a súa capacidade actual e que se materializaría nun edificio a catro alturas.
Abel Caballero recalcou que este proxecto daría resposta ao problema educativo á vez que se manterían as zonas verdes e o parque do Museo Liste. Así indicou que na proposta ademáis do inmoble inclúense as vivendas do director do centro e do conserxe e "facilitaría espazos de recreo aproveitando as instalacións deportivas municipais da zona".
O socialista insistiu en que "é unha solución técnicamente posible e educativamente axeitada" polo que definiu o plantexamento como unha solución "seria" que ven a resolver o problema educativo e as demandas veciñais "de forma ótima".