venres, 2 xul 2010
Abel Caballero transmitiulle hoxe venres á Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de alunos (FOANPAS) que o goberno municipal xa fixo unha proposta oficial á Xunta na que se plantexa a reconstrucción do centro escolar na súa ubicación aproveitando todo o espazo dispoñible e duplicando a capacidade actual. O rexedor subliñou que a proposta é técnicamente posible e educativamente axeitada.
venres, 2 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres no museo Verbum a exposición "O galego noutros mundos", que se poderá ver ata o 31 de agosto, en horario de 10 a 21 horas. No acto destacou que a mostra pon de manifesto a "dimensión aberta e internacional da nosa lingua", xa que permite a comunicación con máis de 250 millóns de persoas de todo o mundo
venres, 2 xul 2010
O alcalde rubricou hoxe un convenio coa Federación Olivíca de Asociacións de Pais e Nais de Alunos polo que Alcaldía subvenciona as bolsas de comedor con 476.000 euros. Ademáis desde a area de Benestar Social as axudas ascenden a 420.000 euros polo que neste momento se están dando becas de comedor por un importe cercano aos 900.000 euros
venres, 2 xul 2010
O vindeiro luns, 5 de xullo, comezará unha das novidades do programa Verán Xove 2010, o campamento "Verán de expedición en Vicus". Esta actividade está dirixida a nenos e nenas entre 8 e 12 anos e nela os rapaces e rapazas participantes poderán coñecer a historia de Vigo mediante percorridos polas diferentes zonas históricas da cidade.
venres, 2 xul 2010
A cidade conta desde onte cun novo espazo de exposicións aberto ao público xeral e con entrada gratuita. O alcalde salientou a concentración de oferta cultural na zona que denominou a "milla de ouro da cultura" e amosou a súa satisfacción pola apertura desta nova fiestra ao arte.
venres, 2 xul 2010
O Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade aprobou por unha unanimidade na súa última reunión unha declaración de respaldo á construción do Centro Social de Atención Continuada de Vigo, cuxo proxecto recentemente presentaron a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social
venres, 2 xul 2010
Unhas 15 embarcacións partiron hoxe pola mañán desde Vigo cara a Viana do Castelo, onde dará comenzo o percorrido da nova ruta marítima que organiza o Liceo Marítimo de Bouzas en colaboración co Concello vigués. Desde Portugal participarán preto de 25 embarcacións que zarparán o domingo en dirección a Bouzas
venres, 2 xul 2010
O programa divulgativo para familias do Museo de Castrelos "Domingos de Museo" desenvolverá este domingo 4 de xullo unha nova edición, "Landriña descobre a escultura". Segundo informa o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, esta actividade gratuíta terá unha hora de duración, e nela poderán participar ata 15 nenos e nenas cun máximo de dous acompañantes.
Vigo coa selección
venres, 2 xul 2010
A Praza de Compostela volve a acoller este sábado aos afeccionados da selección española que queiran seguir o partido de cuartos de final do Campionato Mundial de Fútbol que enfronta aos combinados nacionais de España e Paraguai, ás 20:30 horas. Tras o éxito de asistencia da pasada eliminatoria, o Concello volve habilitar na Alameda unha pantalla de grandes dimensións.