Escoitar

Abel Caballero inaugura as humanizacións das rúas Extremadura e Monforte de Lemos

O Concello investiu 230.000 euros e esta actuación pecha as humanizacións no barrio do Calvario e no seu entorno. O alcalde salienta a alta calidade das obras levadas a cabo en toda a cidade e afirma que se pon de relieve que "todos os ámbitos de Vigo son iaguais"

martes, 6 xul 2010
1278423234extremadura.JPG
O alcalde de Vigo inaugurou hoxe as rúas Extremadura e Monforte de Lemos, ubicadas no barrio do Calvario, que veñen de ser humanizadas por un importe de 230.000 euros. Abel Caballero explicou que os traballos leváronse adiante nos termos habituais que no resto de obras de humanización da cidade, o que significa "beirarrúas amplas e en granito e tráfico nunha dirección".

Con estas actuacións "de altísima calidade", péchase unha zona enteira de humanizacións nas rúas do Calvario e o seu entorno, tal e como explicou o rexedor. De feito Caballero insistiu en que as rúas actuais "multiplican por dúas as previsións d proxecto políticos dos socialistas para este barrio".

Este feito, segundo o alcalde, amosa que hai "vontade política de cumplir" co obxectivo de que todos os ámbitos de Vigo sexan iguais.

Ademáis das obras de abastecemento e saneamento as actuacións levadas a cabo nas rúas son as seguintes:
Na rúa Extremadura: Lonxitude de actuación: 95,60 metros; Superficie de beirarrúas: 434,66 m2; Superficie calzada: 323,20 m2; Nº luminarias: 7 unidades; Nº papeleiras: 3

En Monforte de Lemos a lonxitude de actuación é de 58,40 metros; Superficie de beirarrúas 159,78 m2; Superficie calzada: 169,38 m2; Nº luminarias: 3 unidades e 1 papeleira.
Descargar todas as imaxes