Vigo implantará de xeito experimental un servizo de lanzadeiras de Vitrasa desde Travesas a Samil
O alcalde informou hoxe que se están estudiando todas as posibilidades de frecuencias, prezos, etc, e que a súa implantación será provisonal en espera da acollida que teña entre a cidadanía. As lanzadeiras de Vitrasa sairán da Praza das Travesas ata Samil e o seu obxectivo será descargar o volume de tráfico da zona de praias
Abel Caballero anunciou hoxe mércores que o Concello porá en marcha de xeito experimental un servizo de lanzadeiras de Vitrasa desde a Praza das Travesas ata Samil para que todas as persoas que queiran desprazarse ata esta zona non teñan que utilizalo coche.
O alcalde avanzou que a medida comenzará a aplicarse provisionalmente en espera da resposta dos cidadáns vigueses. Polol de agora estánse a valorar tanto as frecuencias coma os prezos pero o que sí está xa claro é que a oferta será todos os días da semana.
A medida xurde da eficacia das lanzadeiras de Vitrasa habilitadas o pasado ano para ver desde Samil o Festival Aéreo de Vigo e de aí que o Concello plantexárase imlantalo durante este verán. Esta medida ven a sumarse a provisión de novas prazas de aparcamento na praia de Samil así como a apertura de dous novos aparcamentos e a prohibición de que os autobuses aparquen nesa zona