O alcalde procede ao izado oficial das bandeiras azuis nas praias de Vigo
A praia da Argazada foi o areal elixido este ano para proceder ao izado oficial das bandeiras azuis. Abel Caballero destacou que é a primeira vez que Vigo acada 8 bandeiras azuis e avanzou que hai intención de acadar unha novena o ano que ven. Tamén adiantou que en 15 días realizarase un recheo de area de primeira calidade na praia da Punta
O alcalde de Vigo procedeu hoxe ao izado oficial das bandeiras azuis nos areais de Vigo. Abel Caballero desprazouse ata Samil acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, Chus Lago, para izar unha das 8 bandeiras que lucirán nas prais viguesas durante este verán.
O rexedor destacou que é a primeira vez que Vigo conta con 8 bandeiras e anunciou que o obxectivo é "ir pola novena", dixo. O socialista amosou a súa sastisfacción porque Vigo é un dos municipios de España con máis bandeiras azuis e explicou que hai areais que, a pesar de non contar con bandeira , sí dispoñen de servizos de socorrismo, cruz vermella...
Precisamente no tema do socorrismo o alcalde quixo destacar que o Concello está totalmente volcado nel e informou de que todas as dotacións vanse por riba das 60 persoas. A praia de Samil conta, ademáis, coa presencia permanente dunha ambulancia.
Este ano iniciouse o servizo de socorrismo en Figueiras e O Adro por primeira vez na historia da cidade polo que as prais que contan con él son Rodas e Figueiras, nas Cíes, Fortiñón (Saians), Canido, O Vao, Fontaíña, Samil, Argazada, Tombo do Gato (A Fonte), O Adro en Bouzas e A Punta, en Teis.
Antes de izar a bandeira na praia da Argazada o alcalde visitou o posto da Cruz Vermella de Samil e anunciou tamén que nun prazo aproximado de 15 días procederase a recheo de area na praia da Punta. Segundo explicou as fortes correstes mariñas provocan un proceso de arrastre de area importante e por elo decidiuse levar nova area "de primeira calidade" a este areal.
Descargar todas as imaxes