Castrelos vivirá hoxe unha xornada de emoción intensa co partido da selección española
O parque de Castrelos será hoxe escenario do choque que disputarán as seleccións española e alemana da semifinal do Mundial. Perante o rotundo éxito da pantalla xigante instalada polo Concello na Praza da Constitución e ante a previsión dunha afluencia masiva de persoas desta volta os siareiros disfrutarán do encontro en Castrelos. Na imaxe un momento da instalación da pantalla en Castrelos.