Escoitar

O alcalde recibe mañán en Madrid o Premio Ciudadanos 2010 polo programa de inmersión lingüística

Abel Caballero recibirá mañán venres, 9 de xullo, no Ateneo de Madrid o premio Ciudadanos 2010 polo proxecto Aulas Internacionais levado a cabo pola concellería de Educación. O programa da concellería que dirixe a socialista Laura López Atrio becou a 250 alunos e alunas viguesas para estudiar inglés durante tres semanas no Reino Unido e en Irlanda.

xoves, 8 xul 2010
O Concello vigués iniciou este programa no 2008 con 100 becas ata chegar as 250 actuais coa intención de mellorar a capacitación do alunado vigués en lingua inglesa. Pola súa banda a Asociación Premios Ciudadanos e o Foro de Debate Ciudadano, son entidades sin ánimo de lucro que convocan este ano a VIII Edición dos premios Ciudadanos e que recoñecen os valores humanos, o compormiso cos cidadaáns en proxectos ou traxectorias ou o compromiso cos discapacitados ou en situación de dependencia, entre otros valores.