A rúa Paulino Freire recupera 23 prazas de aparcamento coa humanización
Abel Caballero inaugurou hoxe martes a recén renovada rúa de Bouzas na que se investiron preto de 400.000 euros, nun acto no que estiveron presentes familiares de Paulino Freire. O alcalde salientou que cos traballos que se levan a cabo en Bouzas sáldase unha parte do que a cidade lle debe a Bouzas desde hai un século. Tamén lembrou que o domingo será o día grande das súas festas nunha xornada festiva que se pechará co espectáculo piromusical.
O alcalde de Vigo inaugurou hoxe a humanización da rúa Paulino Freire, en Bouzas, na que o Concello investiu preto de 400.000 euros. Caballero destacou que coa humanización "renóvase unha parte importante da cidade" e "sáldase parte dunha débeda con Bouzas desde hai un século".
Coa humanización da rúa a vila recupera 23 prazas de aparcamento ademáis de incorporar farolas, xardiñeiras, papeleiras ou bancos, entre outros. O alcalde quixo agradecer ademáis da presenza de familiares de Paulino Freire a colaboración, tanto da Asociación de Veciños coma da Asociación de comerciantes "que fan contínuas suxerencias para mellorar a zona".
O rexedor avanzou que permanece en pé o compromiso do aparcamento para a zona que aínda ten que resolver cuestións coma "os árboles catalogados a conservar", tal e como sinalou o alcalde.
Festas de Bouzas
Abel Caballero tamén insistiu en que o domingo día 18, e coincidindo coa celebración do Festival Aéreo de Vigo, será o día grande das Festas de Bouzas así que aproveitou a oportunidade para invitar a todos os cidadáns a achegarse á villa mariñeira.
O alcalde adiantou que a Infanta Dona Elena de Borbón será a encargada de entregar a bandeira de combate á Fragata Méndez Núñez o día 18 de xullo, a petición expresa do rexedor vigués.
Descargar todas as imaxes