O alcalde anima aos membros da Coral Casablanca a exhibir orgullosos o nome de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu onte martes aos integrantes da Coral Casablanca que o pasado mes de xullo acadaron a medalla de ouro "Marcial del Adalid" da Real Academia Galega de Belas Artes. A institución galega recoñeceu coa medalla a dilatada traxectoria da Coral viguesa así coma a súa altura artística e técnica que só é concedida en casos de "extraordinario mérito".
Abel Caballero animounos a seguir traballando a prol da riqueza e a calidade musical e tamén a exhibir orgullosos o nome de Vigo. A Coral, que improvisou unha pequena actuación na Alcaldía, é a máis antigua en activo da cidade de Vigo; foi fundada no 1957 no convento dos Capuchinos, no barrio vigués do mesmo nome e intégrase no Círculo Mercantil e Inustrial de Vigo desde 1966.
Tamén asegurou Caballero que a Coral forma xa parte "da historia cultural desta cidade" e amosouse convencido de que seguirán colleitando éxitos alá por ónde vaian.
Descargar todas as imaxes
Tamén asegurou Caballero que a Coral forma xa parte "da historia cultural desta cidade" e amosouse convencido de que seguirán colleitando éxitos alá por ónde vaian.