Escoitar

Abel Caballero destaca a "altísima calidade" da formación do Formega

O alcalde avanzou que neste momento se estudia a posibilidade de abrir novas liñas de colaboración coa Fundación Galega do Metal para a Formación, a cualficación e o emprego, a través da realización no centro de Cabral dalgunhas actividades da concellería de Emprego

mércores, 14 xul 2010
1279114435formega.JPG
O alcalde estivo esta mañá visitando a Fundación Galega do Metal para a Formación, a Cualificación e o Emprego (Formega) na que coopera o concello vigués. Abel Caballero percorreu as instalacións xunto ao presidente da Fundación, Javier Martínez e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, o socialista Santos Héctor. Alí seguiron os procesos de formación, tanto para xente desempregada como a formación contínua que leva a cabo o centro.

Caballero destacou a capacidade do Formega de formación teórica e práctica e ensalzou a "altísima calidade das especialidades" que, segundo indicou "están ben orientadas e adaptadas á industria de Vigo, que é donde estas persoas van a atopar o seu emprego".

As actividades de formación para desempregados teñen coma obxectivo actualizar e adaptar os coñecementos dos profesionais desempregados para a súa posterior reubicación no mercado laboral. Así, lévanse a cabo actividades con enorme demanda coma a electricidade ou a soldadura.

"Éste é un gran pulmón de formacións", asegurou Caballero, quen aludiu a cifras como as 6.000 persoas formadas o ano pasado. O alcalde avanzou ademáis que neste momento se esta a estudiar a posibilidade de ampliar a colaboración do Concello co Formega para que algunhas das actividades da concellería de Emprego teñan lugar neste centro.

Pola súa banda o presidente do Formega, Javier Martínez, destacou os esforzos realizados a prol da formación e sinalou a posta en marcha do Centro de Formación da Automoción en Valadares e do centro de formación específico para o naval, en Bouzas.
Descargar todas as imaxes