O alcalde inicia en Coia unha nova forma de entender o deporte nos barrios
Abel Caballero inaugurou este mércores a remodelación do campo de fútbol do Victoria no que o Concello investiu máis de 60.000 euros. A cancha conta agora con céspede artificial, valo perimetral novo, bancadas renovadas e poorterías novas que servirán para que os mozos da zona poidan usas as instalacións sen risco de lesións
O alcalde, Abel Caballero, inaugurou hoxe mércores a remodelación do campo do Victoria, en Coia, na que o concello realizou unha inversión superior aos 60.000 euros. Ao entender do rexedor socialista esta inauguración supón "un novo modo de entender o deporte nos barrios", xa que o Concello ten previsto intervir en 15 canchas de fútbol, balonmano e baloncesto ubicadas en distintos barrios da cidade.
Ata o de agora a práctica do fútbol na cancha do Victoria era unha actividade con alto risco de lesións xa que "era un campo de cemento duro, árido e en condicións deficientes", apuntou o alcalde. Pola contra coa remodelación pásase a "unha zona verde, unha forma diferente de entender o deporte nos barrios", indicou.
A reforma do campo do Victoria incluiu a pavimentación, céspede artificial, renovación dos vestiarios, balado perimetral novo, arranxo e pintado do graderío ademáis de porterías novas.
Descargar todas as imaxes