O tenente de alcalde expresa á directiva da Federación de Veciños a súa "colaboración máxima e total"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez mantivo hoxe unha xuntanza con integrantes da nova directiva da Federación de Asociación de Veciños "Eduardo Chao". "Quedamos emprazados á colaboración máxima e total para axudar a acadar que os fins dos veciños e veciñas se cumpran", manifestou o nacionalista ao remate da reunión.
Santi Domínguez explicou que a xuntanza, "tremendamente positiva", serviu para comentar e repasar diversos temas da actualidade, como o albergue, as actividades culturais e a propia situación da Federación. Lembrou que sempre mantivo xuntanzas cos representantes veciñais e asegurou que estas reunións seguirán celebrándose.
A presidenta da Favec, Marta Pérez, indicou que esta xuntanza foi unha "primeira toma de contacto" co tenente de alcalde para falar de "diversos temas". Entre eles mencionou o albergue, os convenios coas áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía e a creación da rede de bibliotecas. Ao respecto salientou a "boa vontade expresada polo tenente de alcalde" na xuntanza.
Descargar todas as imaxes