Xabier Alonso desexa sorte a Nerea Vila, primeira loitadora galega que vai participar nun campionato europeo cadete
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe á loitadora viguesa Nerea Vila que do 3 ao 8 de agosto competirá en Saraxevo no Campionato europeo cadete de loita grecorromana e libre. Nerea Vila conseguiu o pase ao que será o seu primeiro torneo internacional nunha fase previa que se disputou o mes pasado en Alemania, converténdose na primeira loitadora galega que vai participar nun europeo cadete.
Xabier Alonso asegurou que para Vigo é "un orgullo" o feito de que unha deportista da cidade acade ese nivel de competición. O concelleiro
agasollou á loitadora cun libro da cidade de Vigo e animouna a realizar unha gran competición, aínda que tamén precisou que "o feito de estar nun europeo é xa un éxito".
Pola súa banda, Nerea Vila amosou a súa ilusión por poder participar nun campionato deste nivel. Dixo que agarda que as súas principais competidoras sexas as loitadores rusas e tamén as alemanas. A deportistas indicou que o nivel de competición será moi alto, pero confía e que non moito máis que o clasificatorio de Alemania.
Descargar todas as imaxes