Cortes de tráfico nas seguintes rúas
Ponse en coñecemento do público as seguintes restriccións de tráfico:
Por mor das obras de humanización estará pechada ao tráfico a rúa Tomás A. Alonso, treito entre Simancas e Núñez de Balboa, con acceso exclusivo para garaxes e manténdose os dous sentidos de circulación para o autobús urbano, dende o mércores 21 de xullo de 2010 ás 10:00 horas e até o 31 de decembro de 2010.
Tamén por mor das obras, neste caso de abastecemento e saneamento da rúa López Mora estará pechada ao tráfico a rúa López Mora, treito entre rúa Pi y Margall e rúa Arquitecto Pérez Bellas, con acceso exclusivo para garaxes, bus e taxi; dende o martes 20 de xullo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana. Igualmente, quedará prohibido o acceso polo Camiño Pazos. Prohíbese ademáis o acceso de vehículos dende a rúa Paz hacia a rúa López Mora e Camiño Pazos, excepto bus e taxi.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.