Comenzan os adestramentos dos pilotos que participarán no Festival Aéreo de Vigo
Por terra, por mar e por aire. Arrancan os primeiros adestramentos dos pilotos e as actividades programadas dentro do marco do Festival Aéreo Internacional de Vigo que atraerán a Vigo a miles de curiosos durante esta fin de semana. Mañá sábado o alcalde acudirá ao "briefing" de pilotos que terá lugar no hotel Cidade de Vigo, onde se lles ofrecerá unha homenaxe polo seu XXV Aniversario. Xa o domingo o tráfico estará restrinxido na Avenida de Europa e o Concello activará o servizo de lanzadeiras de Vitrasa desde As Travesas ata Samil cada dous minutos.
O ceo de Vigo acolle xa os primeiros adestramentos que durante hoxe e mañá farán ruxir os motores das aeronaves que participarán no Festival Aéreo Internacional de Vigo. Mentras tanto os vigueses poden participar nas actividades previstas dentro deste certame que este ano pretende, cando menos, revalidar a cifra de visitantes da edición anterior.
Entre estas actividades destacan as organizadas pola Armada coma a exposición "A Armada. Unha contorna marítima segura" que está aberta no peirao de Trasatlánticos. Mañá día 17, terá lugar a xura de bandeira de civís, e xa a o día 18 a Infanta Dona Elena de Borbón fará entrega da bandeira de combate á fragata F104 Méndez Núñez. Ademáis os buques Juan Sebastián Elcano e o buque Galicia estarán tamén no porto vigués para poder ser visitados polo público.
Unha das novidades do Festival deste ano é o o primeiro Concurso de Fotografía dirixido aos numerosos espectadores que están presentes no festival. O premio será para a mellor serie de fotografías cun mínimo de 5 e un máximo de 10 imáxenes, otorgándose un único premio e dous accésit que recibirán 150 euros e 75 euros respectivamente. Ademáis o xurado valorará as fotografías que resalten a beleza das aeronaves, a beleza do avión no entorno da bahía de Vigo, así coma o interés do público nos ensaios e exhibicións.
TRÁFICO
O domingo pola mañá restrinxirase o tráfico na na Avda. de Europa, desde a rotonda de Amor de Dios ata a avda de Samil co acceso alternativo da Avenida Atlántida e Muiños e O Vao. En calqueira caso o Concello porá en marcha un servizo de lanzadeiras de Vitrasa desde os puntos máis importantes de Vigo, con frecuencias que oscilan entre os 5 e os 15 minutos. Estas lanzadeiras irán ata a Praza de América que enlazarán con Samil cunha frecuencia de dous minutos.
PARRILLA DE PROGRAMACIÓN
No documento adxunto poderedes consultar a parrilla do festival onde se amosa o orde e a participación que pode sofrir modificacións.