mércores, 21 xullo 2010

Concello e Favec traballan xa nunha proposta para solucionar o problema do suministro eléctrico de Barreiro

mércores, 21 xul 2010

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, reuníuse esta mañán coa nova xunta directiva da Federación de Veciños Eduardo Chao. Tal e como se acordara hai uns días no encontro que a Federación veciñal mantivo co alcalde estánse a buscar posibles saídas que se trasladarán a Unión Fenosa, organismo que lle reclama aos propietarios o pago da conexión que a promotora non fixo antes de escriturar os pisos.

Xesus López presenta "Castrelos Circus" , un espectáculo único e irrepetible de homenaxe ás orixes do circo

mércores, 21 xul 2010

O espectáculo "Castrelos Circus", que terá lugar no auditorio de Castrelos o próximo día 9 de agosto (22:30 horas), ofrecerá ao público vigués un programa único e irrepetible. O concelleiro de Cultura, Xesus López, indicou na presentación que será un espectáculo único e irrepetible de homenaxe ás orixes do circo. O director da compañía "La Fiesta Escénica", Abel Martín, organizadora do evento, indicou que acoden a Vigo para participar artistas e números que "nunca estiveron en España e que nunca se xuntaron no mesmo escenario".

O alcalde almorzará mañá cos nenos que participan no campus de verán Vigozoo

mércores, 21 xul 2010

Tras arrancar hoxe o primeiro campamento de verán en Vigozoo, no que os rapaces disfrutan dun completo abano de actividades preparadas pola concellería que dirixe a socialista Chus Lago, Abel Caballero estará mañán con eles durante o tempo do almorzo. Desde visitas guiadas diurnas e nocturnas ata xogos dirixidos, sendeirismo, obradoiros ou xogos de animación os nenos pasarán dous días intensos nun marco de excepción.