Escoitar

O alcalde da inicio á demolición do muro que separa a ETEA da praia da Punta

Abel Caballero explicou que a esta actuación sumaránse outras como o derribo do muro que separa o antigo recinto militar do areal de Ríos de xeito que daráse vía libre a un paseo marítimo entre ambas praias para uso cidadá. O alcalde avanzou que tamén se procederá ao derribo do muro da entrada ao recinto polo que amosouse "orgulloso" de devolverlle aos cidadáns de Teis "o que é deles"

martes, 20 xul 2010
1279631292etea1.JPG
A demolición do muro que separaba a ETEA da praia da Punta comenzou pasadas as 12:30 horas desta mañá e nas próximas horas non quedará rastro da barreira que illaba aos cidadáns de Teis dos seus areais. O alcalde, que tildou o muro de "ilegal", de "obstrucción para os bañistas" e de "exclusión para os cidadáns e a libre utilización da praia" avanzou tamén que se tirará o muro que separa o antigo recinto militar do areal de Ríos. "A ETEA quedará expedita", explicou o rexedor socialista.

Segundo os plans avanzados polo alcalde ampliaránse os horarios de apertura da porta de entrada ata que non se proceda a outra das actuacións previstas, "tirar o muro de entrada". A intención, segundo explicou Caballero, é que ésta sexa unha calle coma o resto das de Vigo "e a queremos de libre utilización dos cidadáns".

Tal e como estaba previsto nos vindeiros días procederáse tamén ao depósito de area na praia da Punta para que recupere o seu tamaño e "nun ou dous meses" iniciarase o paseo marítimo que unirá os areais da Punta e de Ríos. "Agora é unha zona moi deteriorada e difícil de camiñar e ímolo convertir nun paseo ecolóxico, ben cimentado, cómodo e verde".

Caballero indicou que as actuacións que se estan a levar a cabo nesta zona persiguen facer que "sexan o corazón noble de Teis". Tamén lembrou que deste xeito se da resposta as reivindicacións dos veciños. "Hoxe todo o é unha realidade e nos sentimos orgullosos de devolverlles á xente de Teis o que é deles, a praia, a ETEA e o espazo libre para disfrutalo", afirmou.
Descargar todas as imaxes