martes, 20 xul 2010
Joan Manuel Serrat presentará o xoves 22 de xullo (23:00 horas) o espectáculo "Hijo de la luz y de la sombra", en homenaxe a Miguel Hernández, no centenario do seu nacemento. O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, presentou hoxe o concerto, xunto ao representante da promotora, Demonio Producciones, Antonio Barreiro, e ambos destacaron a espectacularidade da actuación.
martes, 20 xul 2010
Abel Caballero, acompañado polo director territorial de Telefónica en Galicia, Ignacio Aller, visitou a central de O Castro ónde se ubican os equipos que convierten Vigo en cidade pioneira na nova rede de última xeración coñecida como FTTH, a fibra ata o fogar. A implantación da tecnoloxía seguirá despóis por outras zonas da cidade.
martes, 20 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que a partir de mañá se distribuirán gratuitamente 5.000 bandeiras galegas para que os vigueses e vigueses se sumen á celebración do Día de Galicia. "Esta iniciativa ten un obxectivo simple, que conmemoren unha data que significa que somos un país con historia, lingua e identidade propia", explicou.
martes, 20 xul 2010
Abel Caballero reuníuse esta mañá cos membros da xunta directiva da Fundación Penzol, a quen lles ofreceu a "cooperación máis absoluta" para dar impulso a un organismo que conta con fondos "únicos no mundo". A Fundación está inmersa neste momento nun proceso de dixitalización e modernización.
martes, 20 xul 2010
Mañá mércores terá lugar o primeiro campamento de verán em Vigozoo no que os rapaces disfrutarán dun completo abano de actividades preparadas para os dous días que dura a actividade. Desde visitas guiadas diurnas e nocturnas ata xogos dirixidos, sendeirismo, obradoiros, xogos de animación, etc, no marco de excepción do zoo vigués.