Escoitar

O goberno local buscará espazos no centro para autobuses de excursionistas da terceira idade

Abel Caballero reuníuse na mañá deste luns coa Asociación de Hosteleiros cos que fixo unha revisión as demandas do sector. O Concello traballa xa en dúas alternativas para acadar máis aparcamentos no centro da cidade para autobuses de excursionistas e para dar ter fluidez nos transbordos destes pasaxeiros. Segundo lle explicaron os hostaleiros ao alcalde supoñen un mercado equiparable aos cruceristas que chegan ao porto vigués.

luns, 19 xul 2010
O alcalde de Vigo adiantou hoxe que o goberno local baralla dúas alternativas para acadar máis espazo no centro da cidade para autobuses de excursionistas da terceira idade e para permitir maior fluidez nos transbordos destes pasaxeiros.

Os hostaleiros explicáronlle ao rexedor que os excursionistas deste segmento da poboación que chegan á cidade supoñen un mercado similar ao dos cruceiristas que pasan polo porto olívivo. Por elo estánse a buscar solucións que permitan unha maior fluidez na chegada e partida destes pasaxeiros así como máis aparcamentos no centro de Vigo.

Na reunión celebrada hoxe tamén se abordou a celebración da Asamblea de Hosteleiros de Galicia que se celebrará en Vigo e na que colaborará o Concello. A xuizo de Abel Caballero éste é "un paso máis de Vigo como sede de Congresos" que abrirá unha nova etapa coa inauguración do Auditorio vigués.

Ademáis os hostaleiros transmitíronlle ao alcalde o recoñecemento das humanizacións do entorno da Plaza Elíptica ao entender que será "un elemento de potenciación do comercio" nesta zona.