venres, 23 xul 2010
O alcalde vigués convocará para o próximo martes ás concesionarias que executan as obras municipais para poñelas en coñecemento das condicións laborais ás que se deben axustar. O rexedor asegurou que todas ellas teñen a obriga de xerar emprego con traballadores procedentes das listas do INEM de Vigo, ademáis de respectar as condicións laborais que se lles esixen.
venres, 23 xul 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou hoxe o dispositivo de baño para persoas con discapacidade instalado na praia de Samil. O servizo, que se ofrece tamén en O Vao, funciona desde o 1 de xullo e manterase ata o 31 de agosto para que a xente con mobilidade reducida poda acceder á praia, bañarse no mar ou ducharse.
venres, 23 xul 2010
Tal e como estaba previsto o Concello instalou xa as xaulas de atrape en distintos puntos da cidade para proceder á esterilización e posterior solta dos gatos salvaxes. O plan é fruto dun convenio de colaboración asinado entre o alcalde de Vigo, os colexios de Biólogos de Galicia e de Veterinarios de Pontevedra e a Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Vigo.
venres, 23 xul 2010
Vigo recupera o fútbol sala internacional no verán. Tras vibrar a cidade coa Supercopa de España, en xaneiro, agora é a quenda do novo Trofeo Concellería de Deportes, que xogarán a partido único a selección de Vigo e a selección nacional de Qatar. O encontro, fixado para o mércores 28 deste mes, disputarase no pavillón de Coia con entrada gratuíta (21:00 horas).<br />
venres, 23 xul 2010
Abel Caballero e o concelleiro de Promoción Económica, Santos Héctor, reuníronse neste venres co presidente da organismo para falar da situación deste sector nunha cidade que concentra o maior número de autónomos da comunidade galega. O alcalde manifestóulles que terán o apoio do Concello e quedaron en manter próximas reunións.
venres, 23 xul 2010
O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos do Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos e nenas e familias e das visitas guiadas para público en xeral. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, explicou que a mascota do museo Landriña será a encargada de presentar un itinerario temático con xogos e activiades. O percorrido iniciarase ás 11:30 horas e durará unha hora.
venres, 23 xul 2010
O Concello de Vigo celebrará a partires das 20:00 horas desta tarde o Día de Galicia no Pazo Quiñones de León. Os actos comezarán coa recepción oficial ás autoridades desde onde se trasladarán ao xardín inglés. <br />
venres, 23 xul 2010
Orde do día no ficheiro adxunto