Xabier Alonso salienta a aposta polo deporte feminino do Cidade de Vigo de Tenis que reunirá a 96 tenistas
O torneo internacional de tenis feminino Cidade de Vigo, V Copa Caixanova, comeza este sábado coa fase previa no IMD de Samil e a fase final dende o vindeiro día 27, martes, á espera da final do domingo 1 de agosto. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, explicou que o Concello como un dos patrocinadores principais do evento continúa así na súa aposta polo deporte feminino.
O campionato, presentado hoxe no Concello, está dotado con 25.000 dólares en premios e ofrece, como cada ano dende o seu nacemento en 2002, a posibilidade de ver a raquetas internacionais en busca de valiosos puntos ao ser este un torneo da ITF; tamén serve para que os novos valores galegos poidan enfrontarse en casa a xogadoras doutros países, o que lles permitirá gañar experiencia e seguir crecendo na súa formación.
Xabier Alonso asegurou estar satisfeito por "apoiar ao deporte feminino", e valorou de forma positiva "que se sumen esforzos dende as administracións". O concelleiro asegurou que o torneo "ten moitísimo nivel e, ademais, haberá un bo retorno económico para a cidade", con 96 xogadoras de 23 países e dos cinco continentes. "Son xogadoras en fase de ir pasando ao primeiro plano internacional", explicou o edil nacionalista. De feito, a campiona individual de Vigo 2010 levará 50 puntos WTA e 2.940 dólares, mentres que a vencedora do cadro de parellas gañará outros 50 puntos e 1.176 dólares, como a subcampioa do torneo individual.
A mellor galega no ranking é Leticia Costas (número 336), e a Federación Galega de Tenis, organizadora do torneo, outorgou tres das catro "wild card" (invitacións) da fase final a xogadoras da terra: Paula Álvarez, Noemí Novo e Andrea Retolaza. A cabeza de serie número 1 da proba é a checa Andrea Hlavackova (114 do mundo), asidua a torneos como Wimbledon ou Australia. "Temos moitas ganas de vela en xogo porque o seu historial de participacións en torneos é enorme", dixo o presidente da FGT, José Luis Ameneiro. Este ano están inscritas a subcampioa de 2009, Katie Ou´Brien (Gran Bretaña, 134 do mundo) e a campioa de 2008, a portuguesa Neuza Silva (328).
Lucía Molares, delegada territorial da Xunta, afirmou que o de Vigo "é un torneo consolidado e óptimo pola promoción turística de Vigo nos distintos continentes". E Jorge Santos, director de Infancia, Mocidade e Deporte de Caixanova, lembrou que o mellor xeito de homenaxear ao anterior presidente da FGT, Antonio Santorio, era "manter este campionato internacional", pois o falecido dirixente foi "o pai deste torneo".
Descargar todas as imaxes