Escoitar

O alcalde recibe a autora dun libro sobre a Escola de Artes e Oficios

O alcalde vigués recibiu onte a autora do libro "Escuela de Artes y Oficios de Vigo durante el primer tercio del siglo XX", María Dolores Durán Rodríguez, coa que fixeron un percorrido por unha etapa histórica da cidade olívica.

xoves, 22 xul 2010
1279804783arteseoficios.JPG
O libro, cualificaco polo rexedor vigués como "moi interesante", é o resultado da tese doctoral realizada por María Dolores Durán Rodríguez. Nel realízase un percorrido pola etapa de despegue comercial e industrial da cidade como preámbulo ao progreso de Vigo.

Tal e como afirmou Abel Caballero abriráse unha vía de cooperación para que a autora poida continuar cos seus estudios sobre o desenvolvemento industrial da cidade a finais do século XIX e principios do XX.
Descargar todas as imaxes