Abel Caballero comparte almorzo cos nenos que participan no campamento de Vigozoo
O alcalde vigués almorzou hoxe acompañado polos nenos que participan no primeiro campamento deste verán "Vigozoo 2010". Durante a comida os pequenos contáronlle as experiencias do día anterior na que fixeron visitas guiadas diurnas e tamén nocturna e amosaron o seu interés por volver a repetir a experiencia.
Éste foi o primeiro dos campamentos previstos no zoo vigués para este verán pero haberá máis nos últimos días do mes, en agosto e en setembro. Os rapaces disfrutaron dun completo abano de actividades preparadas para os dous días como xogos dirixidos, sendeirismo, obradoiros, xogos de animación, etc, no marco de excepción do zoo vigués. O horario do inicio dos campamentos é as 10 da mañá e remata as 19:30 do día seguinte.
Tamén permanece activo o servizo de ludoteca en Vigfozoo no que os rapaces participan nun gran número de opcións lúdicas e educativas.
Descargar todas as imaxes
Tamén permanece activo o servizo de ludoteca en Vigfozoo no que os rapaces participan nun gran número de opcións lúdicas e educativas.