Escoitar

A comisión de Festas de Coia agradece o apoio do alcalde á celebración deste ano

O rexedor vigués recibiu onte aos membros da Comisión de Festas da Consolación cos que analizaron as posibilidades de colaboración para a cita festiva do vindeiro ano, tras o éxito acadado as pasadas semanas nas Festas do 2010.

xoves, 22 xul 2010
1279804849coia.JPG
Os membros da comisión de festas agradeceron a colaboración aportada polo Concello vigués, como a cesión de sillas, a publicitación do evento ou a seguridade, entre outras. Tamén realizaron un balance das festas deste ano, celebrada a inicios do mes de xullo como "moi positivos".

Tal e como se acordou na reunión estudiaráse a posibilidade de acometer unha ampliación da grada ou da modificación do palco, como plantexamentos realizados onte pola Comisión de Festas.
Descargar todas as imaxes