Escoitar

Abel Caballero augura que Vigo encabezará a saída da crise económica en Galicia

O alcalde vigués asistíu este mediodía ao acto no que Zona Franca deu a coñecer as actuacións da institución, tanto as novas superficies empresariais coma as súas dotacións para a área de Vigo para o período 2010-2013. Caballero asegurou que para que Vigo esté na primeira liña de saída debe ter a súa estructura de comunicacións resolta.

mércores, 21 xul 2010
1279732417zonafranca2.JPG
Segundo explicou o rexedor socialista esta resolución da configuración do sistema de comunicacións pasan polo tren de alta velocidade, o aeroporto, o porto, as autovías ou a ampliación da ponte de Rande; actuacións todas elas que estan a ser acometidas polo goberno central.

O alcalde pediu a administración autonómica que priorice, "que dea prioridade aos concellos que liderarán a saída da crise económica e que farán que o resto de Galicia saia detrás", afirmou Caballero en referencia á cidade olívica. Tamén fixo referencia a que as inversións deben estar ónde hai "retorno" e "creación de emprego".

O acto nomeado "Red de Parques Zona Franca: en la vanguardia del desarrollo", deu a coñecer as actuacións da institución, tanto para novas superficies empresariais como as súas dotacións na área de Vigo para o período 2010-2013, e o seu impacto económico e a xeración de emprego. A delegada do Estado, María Teresa Pisano, indicou tamén que a actual rede de parques de Zona Franca veráse reforzada coa execución de catro novos parques empresariais e catro novos edificios.

Neste sentido o alcalde de Vigo reprochou que un factor de crecemento económico, como é a creación de solo empresarial, "sexa desatendido pola Xunta e sexa a Zona Franca a que se encargue de facelo".

Desde Zona Franca María Teresa Pisano apuntou tamén que nestes momentos de crise "as institucións teñen que facer apostas ambiciosas e fomentar actuacións que permitan xerar emprego e ofertar as condicións para que as empresas poidan cubrir as súas necesidades de solo industrial, non limitando o seu crecemento futuro"
Descargar todas as imaxes