Escoitar

Xesus López presenta "Castrelos Circus" , un espectáculo único e irrepetible de homenaxe ás orixes do circo

O espectáculo "Castrelos Circus", que terá lugar no auditorio de Castrelos o próximo día 9 de agosto (22:30 horas), ofrecerá ao público vigués un programa único e irrepetible. O concelleiro de Cultura, Xesus López, indicou na presentación que será un espectáculo único e irrepetible de homenaxe ás orixes do circo. O director da compañía "La Fiesta Escénica", Abel Martín, organizadora do evento, indicou que acoden a Vigo para participar artistas e números que "nunca estiveron en España e que nunca se xuntaron no mesmo escenario".

mércores, 21 xul 2010
1279717166CastrelosCircus.JPG
O concelleiro comezou a súa intervención explicando que á hora de facer a programación de Festas de Verán para o auditorio de Castrelos teñen en conta dous criterios fundamentais: "a calidade do artista e acadar unha programación aberta, que cubra un abano amplo de gustos e intereses, de forma que todas e todos os vigueses sintan a programación como propia". Ademais, tentouse abrir a programación a outras artes escénicas, e nesta oportunidade foi ao espectáculo circense que, segundo dixo, "case acompañou ao ser humano dende o seu orixe". O concelleiro destacou o novo concepto de circo, no que se mesturan contorsionistas, trapecistas, acrobacias, malabares, música, poesía e imaxe".

Pola súa banda, o creador do espectáculo Abel Martín, explicou que o show está baseado na historia do circo, "que nace como un espectáculo ecuestre e nos facemos un espectáculo ecuestre sen animais". Martín destacou que "foi un pracer facer este traballo xa que lles permitiu traer a Vigo aos mellores do mundo que estiveron en todos os escenarios do mundo e volver a xuntar a toda esta xente vai a ser moi complicado, case imposible", ademais o director explicou que levan varios meses traballando na preparación do espectáculo e "fixemos unha escenografía monstruosa".

O espectáculo. Castrelos Circus é un gran show inspirado nos lendarios números de cabalos, pero sen animais reais, onde a compañía "La Fiesta Escénica" amosa o seu talento dando renda solta á súa creatividade máis desbordante. O auditorio de Castrelos é o mellor espazo escénico para poder desenvolver este show cheo de personaxes creados exclusivamente para este espectáculo. É un proxecto que fusiona imaxe e técnica circense para crear un espectáculo poético visual presentado por un equipo de artistas seleccionados de entre os mellores do mundo (o dúo de trapecistas Sorella, o acróbata búlgaro Encho Keryazov, o arxentino Bruno Sainz, os acróbatas Crazy Fly, os contorsionistas "China Acrobatic Troupe" ou a equilibrista Leilani Franco). Todos eles chegan a Vigo para cabalgar a lombos dun novo soño.

Prezo das localidades: 8 euros en venda anticipada e 10 euros en despacho de billetes (con cadeira). Puntos de venda: Servinova (wwww.servinova.com), Central de Espectáculos (R/ Velázquez Moreno) e no despacho de billetes do auditorio de Castrelos.
Descargar todas as imaxes