O alcalde almorzará mañá cos nenos que participan no campus de verán Vigozoo
Tras arrancar hoxe o primeiro campamento de verán en Vigozoo, no que os rapaces disfrutan dun completo abano de actividades preparadas pola concellería que dirixe a socialista Chus Lago, Abel Caballero estará mañán con eles durante o tempo do almorzo. Desde visitas guiadas diurnas e nocturnas ata xogos dirixidos, sendeirismo, obradoiros ou xogos de animación os nenos pasarán dous días intensos nun marco de excepción.
Este é o primer campamento dos cinco previstos inicialmente para os meses de xullo e agosto aínda que podería haber máis datas en función da demanda dos rapaces. O horario de inicio é as 10 da mañá e rematará as 19:30 do mañá xoves.
Tamén permanece activo o servizo de ludoteca no que os rapaces participan nun gran número de opcións lúdicas e educativas.
Tamén permanece activo o servizo de ludoteca no que os rapaces participan nun gran número de opcións lúdicas e educativas.