Concello e Favec traballan xa nunha proposta para solucionar o problema do suministro eléctrico de Barreiro
O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, reuníuse esta mañán coa nova xunta directiva da Federación de Veciños Eduardo Chao. Tal e como se acordara hai uns días no encontro que a Federación veciñal mantivo co alcalde estánse a buscar posibles saídas que se trasladarán a Unión Fenosa, organismo que lle reclama aos propietarios o pago da conexión que a promotora non fixo antes de escriturar os pisos.
O edil socialista, José Mariño, asegurou ao final da reunión a actitude colaboradora da federación veciñal coa administración local na busca dunha solución aos problemas co suministro eléctrico das vivendas de protección do ámbito de Barreiro. Mariño avanzou que nos próximos días concertaráse unha reunión con Unión Fenosa para tentar chegar a un acordo coa empresa suministradora.
"Traballaremos para que a reunión sexa productiva e se poida pechar unha proposta en firme que dea por fin unha solución aos veciños". No encontro, que se prolongou durante dúas horas, as dúas partes expuxeron todos os seus argumentos coma por qué deben ser os propietarios os que deben acometer as obras.
Aínda así, Mariño subliñou que o importante é atopar unha saída para que os cidadáns "poidan ter o antes posible a luz que necesitan e non a de obra que teñen neste momento", dixo. Desde a concellería de Urbanismo tentaráse buscar unha data para que a reunión con Unión Fenosa teña lugar "o antes posible" e xa se avanzou que tanto por parte do Concello coma da Favec a disposición "é total" para que se celebre nos próximos días.
Descargar todas as imaxes