Escoitar

Salustiano Mato plantexa ao alcalde retomar unha sede institucional no centro da cidade

O reitor da Universidade de Vigo e Abel Caballero mantiveron na xornada deste mércores a primeira reunión institucional na que o rexedor ofreceulle o seu apoio "para todo o que necesite". Alcalde e reitor fixeron un repaso a temas clave para a cidade como o Campus do Mar ou a consecución da sede da Axencia europea das Telecomunicacións.

mércores, 21 xul 2010
1279717018rector2.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostróuse hoxe "entusiasmado" coa proposta do reitor da Universidade, Salustiano Mato, para que a institución académica retome unha sede institucional no centro da cidade. Caballero desvelou que se a idea inicial sería a súa ubicación no Casco Vello "non se descartan outras". "Esta decisión vai a ser acollida, sustanciada e posta en marcha polo Concello", asegurou o rexedor socialista, quen tamén lles trasladou que terán toda a cooperación para acadalo. "Desde a vontade política creo que se vai conseguir", dixo.

Non foi éste o único tema abordado nun encontro no que ambos mandatarios realizaron un repaso a temas clave como o Campus do Mar que a principios deste mes xa pasou o primeiro filtro da convocatoria do Ministerio de Educación para optar á calificación de Campus de Excelencia Internacional. Abel Caballero afirmou que este "proxecto excepcional da Universidade e da cidade conta co apoio e todo o que o alcalde sexa capaz de mobilizar en todos os estamentos", en clara referencia ao Goberno de España.

Tamén se abordaron no encontro temas coma a mellora da sinalización da Universidade na cidade, accesos a mesma e outros proxectos relevantes como a consecución da sede da Axencia Europea das Telecomunicacións como "obxectivo de primeira magnitude" .

Pola súa banda o reitor subliñou que a Universidade é clave para o desenvolvemento de Galicia e de Vigo e que, polo tanto, "debemos correlacionar os nosos obxectivos cos da cidade e por eso falamos de temas comúns, de sumar esforzos". Augurou tamén que ademáis dos proxectos en marcha "haberá moitos temas nos que traballaremos xuntos para poñer en marcha todos os obxectivos posibles que permitan que Vigo creza"
Descargar todas as imaxes