Escoitar

Serrat presenta o xoves en Castrelos o espectáculo "Hijo de la luz y de la sombra" en homenaxe a Miguel Hernández

Joan Manuel Serrat presentará o xoves 22 de xullo (23:00 horas) o espectáculo "Hijo de la luz y de la sombra", en homenaxe a Miguel Hernández, no centenario do seu nacemento. O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, presentou hoxe o concerto, xunto ao representante da promotora, Demonio Producciones, Antonio Barreiro, e ambos destacaron a espectacularidade da actuación.

martes, 20 xul 2010
1279631410Serrat.JPG
O responsable do departamento de Cultura manifestou a súa satisfacción polo discorrer das festas nestes primeiros concertos: "Non puidemos comezar mellor a programación das Festas de Verán, cos cheos de Norah Jones e de Patti Smith. É, sen dúbida, a mellor programación de Galiza e unha das mellores do Estado e seguimos avanzado nese proxecto de converter a Vigo nunha cidade de concertos", explicou.

Xesus López fixo un percorrido pola biografía de Serrat para rematar sinalando que "chega a Vigo facendo unha homenaxe a un dos seus poetas preferidos, Miguel Hernández, con motivo do centenario do seu nacemento, e reivindica a faceta humana de Miguel Hernández, que perdeu a súa vida por defender a República". Ademais, López recordou que con este disco, Serrat da continuidade a homenaxe iniciada no ano 1972.

Pola súa banda, Antonio Barreiro destacou o espectáculo que "se caracteriza polos audiovisuais que se proxectarán con cada tema e que foron realizados por importantes directores de cine". Haberá unha enorme pantalla no escenario, onde se proxectarán os audiovisuais e un enorme despregamento de luz e son.

O espectáculo. "Hijo de la Luz y de la Sombra" es un espectáculo musical, de hora e media aproximada de duración, unido mediante un guión teatral a modo de hilo conductor. Na actuación, estará acompañado por seis músicos, baixo a dirección ao piano do mestre Ricard Miralles.

Ademais, o espectáculo estará apoiado con pantallas e audiovisuais que se integran no espazo escénico creado e deseñado para o concerto, e realizados por prestixiosos directores de cine que se suman así ao acontecemento (Isabel Coixet, Manuel Huerga, José Luis Cuerda, David Trueba, Jose Luis Garci, Manuel G. Aragón, Pere Portabella, Sergio Cabrera, Bigas Luna, Moncho Armendáriz, Jaime Chavarri, Manuel Gómez Pereira, Imanol Uribe, Pedro Olea, Ana Marquesan, Agustín Sanchez Vidal, Rogelio Caballero e Javier Mariscal).

Prezo das localidades: 10 euros en venda anticipada e 12 euros en despacho de billetes (con cadeira). Puntos de venda: Servinova (wwww.servinova.com), central de Espectáculos (R/ Velázquez Moreno) e no despacho de billetes do auditorio de Castrelos.
Descargar todas as imaxes