O alcalde afirma que a entrega da bandeira de combate á fragata Méndez Núñez é un acto "moi notable de cidade"
Abel Caballero agradeceu a presencia de SAR a Infanta Dona Elena na cidade quen asegurou o sábado que a entrega da bandeira simboliza o máis alto recoñecemento ao traballo que realiza a Armada a diario. Caballero dixo no seu discurso que grazas á obra de vigueses insignes como Méndez Núñez "forxouse o caracter deste pobo"
O alcalde de Vigo explicou que a entrega da bandeira de combate á Fragata F-100 Méndez Núñez "contribúe a facer cidade" e por elo agradeceu a Infanta dona Elena a súa presencia en Vigo esta pasada fin de semana amadriñando o acto de entrega.
No acto, que tivo lugar o sábado 18 no peiraro de Trasatlánticos, a Infanta foi recibida con honores de ordenanza. "Esta bandera que hoy os entrego, simboliza el más alto reconocimiento de España a la labor que realizáis a diaria" dixo dona Elena, que a continuación entregou a insignia ao Comandante do buque, capitán de fragata Manuel Romasanta Pavón.
Romasante afirmou que recibir a bandeira supón un privilexio e un estímulo para seguir servindo a España. Unha vez finalizado o acto co desfile da compañía de honores, formada por unha sección de marinería do Arsenal de Ferrol, outra sección da Escuela de Especialidades "Antonio de Escaño" e unha terceira do Tercio Norte de Infantería de Marina, ademáis dunha sección da Méndez Núñez, a Infanta embarcou na fragata onde asinou no libro de honor e saudou á dotación.
Descargar todas as imaxes