Abel Caballero reitera o seu desacordo co cobro das peaxes nas autovías lusas
O alcalde vigués e presidente do Eixo Atlántico transmitirá novamente a súa "insatisfacción" ao Ministro de Obras Públicas e ao presidente portugués pola decisición do goberno luso. Deste xeito ratifícase a decisión adoptada a pasada semana na executiva do Eixo de trasladar aos gobernantes do país veciño o desacordo coa implatación da peaxe na A-28.<br />
Abel Caballero considera que a implantación da peaxe na autovía A-28 é "moi negativa e desafortunada" e que vai supoñer "unha limitación e un freno" para a Eurorrexión. Caballero incidiu en que calqueira decisión que signifique "un establecemento de novas peaxes" neste ámbito territorial traduciráse nun "atraso e na ralentizacion da unión que queremos no eixo atlántico", ademáis dun factor de retardo económico.
"Hai un sistema económico que funciona, e que funciona ben. Compartimos comercio, parte do ocio, actividade económica e todo elo quedará retardado co establecemento dunha peaxe", dixo .
Tamén lembrou que na celebración da executiva do Eixo Atlántico, a pasada semana, adoptouse a decisición de transmitirlle ao Ministro de Obras Públicas, Transportes e Comunicaciones de Portugal, Antonio Mendoça, a necesidade dun replantexamento do proxecto. De feito Abel Caballero envioulle unha carta a Mendoça na que afirmaba que as taxas suporían "un duro golpe" nun momento económico de crise global.
O presidente do Eixo tamén explicou que a medida "é un agravio comparativo para a cidade de Vigo e para o sur de Galicia" e puxo como exemplo o libre uso dos cidadáns portugueses das autovías galegas fronte a "esta peaxe decidida unilateralmente por Portugal". "Ademáis do retardo económico é un factor de asimetría e un agravio comparativo", afirmou Caballero.
Así, hoxe mesmo reiterará ao Ministro de Obras Públicas e ao presidente portugués "o noso desacordo e a nosa insatisfacción" ademáis de poñer en coñecemento do Ministro de Fomento, José Blanco, a opinión dos alcaldes do Eixo.
Descargar todas as imaxes