Escoitar

Ponse en coñecemento do público as seguintes restriccións de tráfico:

xoves, 22 xul 2010
Por mor das obras de conglomerado estará pechada ao tráfico a Avda. de Castelao -treito entre Praza de América e rotonda de Alcampo- en horario nocturno e con aceso exclusivo para garaxes, desde o martes 27 de xullo as 11:00 horas e por un período aproximado de tres días.
Tamén por mor das obras, pero neste caso de rehabilitación do entorno da Praza Diego Santos e a renovación das redes de saneamento e rede separativa de augas, estará pechada ao tráfic, con acceso exclusivo para garaxes, esta praza e a rúa adxacente que comunica coa Alameda, desde o luns 26 de xullo ás 10:00 horas e por un periodo aproximado de 4 meses
Con motivo das obras de abastecemento tamén pacharase ao tráfico, con acceso para garaxes, a rúa Velázquez Moreno -entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz, desde o martes 27 de xullo ás 10:00 horas e por un periodo aproximado dunha semana. Neste caso habilitarase como rúa alternativa a rúa Darío Álvarez Blázquez.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.