Escoitar

O alcalde inaugura a humanización de Eugenio Kraff

O alcalde vigués lembrou que se trata dunha segunda fase na que se investiron preto de 400.000 euros cun esforzo importante en mobiliario, calidade de materiais, renovación das redes soterradas de servizos, granito en superficie, arborado e bancos. Indicou que ésta é unha das últimas rúas de Balaídos que quedaban por humanizar e que amosa a vontade de atender a todas as zonas de Vigo por igual

xoves, 22 xul 2010
1279804917eugeniokraff.JPG
Abel Caballero percorreu este xoves a remodelada rúa que agora conta con 26 árbores, 16 puntos de luz, 8 papeleiras, 400 metros de nova canalización de abastecemento ou coa combinación de granitos gris e blanco. Caballero asegurou que con esta actuación ábrese ao tránsito unha parte da humanización da cidade "que vai completando o que queríamos facer" na zona de Balaídos.

Precisamente este barrio ten un censo aproximado de 30.000 veciños que agora contan "cunha humanización integral". Queda pendente un tramo de beirarrúa que une a Avenida de Fragoso coa propia Eugenio Kraff para o que os orzamentos municipais xa recollen unha partida de 150.000 euros, e cuios traballos levaránse adiante nos próximos 6 meses.

Só na zona de Balaídos os investimentos en melloras ascenden a un total de 13 millóns de euros porque xunto as actuacións de Eugenio Kraff están tamén os 3,5 millóns de humanizacións de Balaídos, Portanet e Val Miñor, e outros 7 millóns nas Avenidas da Florida e Castrelos.
Descargar todas as imaxes